lunes, 8 de junio de 2009

Valoración CNT

A materia Comunicación e Novas Tecnoloxías e exclusiva neste instituto. O seu obxectivo é mellorar a expresión escrita e a utilización do ordenador e internet dos alumnos.

No primeiro trimestre, fixemos, por grupos, un traballo de investigación de tema libre. Melloramos a nosa expresión escrita ao redactalo. Tamén tíñamos un blog propio da materia, onde publicabamos os nosos exercicios feitos.

No segundo trimestre, creamos un blog para publicar o noso traballo de investigación e presentalo ao concurso. O concurso perdémolo, pero aprendemos a crear e utilizar o blog, ferramenta moi importante neste século.

No terceiro trimestre, escribimos un conto e fixémoslle, nos mesmos, uns debuxos. Logo fixemos unha presentación deste co Windows Power Point. Creamos outro blog, esta vez unicamente noso, para publicar distintos xéneros periodísticos (noticias, entrevistas, cuestionarios proust, ...).
O último que fixemos foi unha revista con casi todos os traballos deste curso.

O final deste curso, esta claro que xa sabemos crear e utilizar blogs. Tamén melloramos a nosa expresión escrita. Utilizamos outros programas, aparte de Word, para os nosos traballos.
O que máis me gustou foi a creación do noso propio blog, e o que menos ter que facer debuxos.

lunes, 1 de junio de 2009

Cuestionario Proust a María

Cuestionario Proust

1- Cal é a túa cor favorita?
Azul
2- Onde che gustaría vivir?
En Inglaterra, nunha vila costeira.
3- Onde che gustaría morrer?
Nun sitio tranquilo.
4- Que é o último que fas antes de deitarse?
Lavarme os dentes.
5- Que é o que menos che gusta facer?
Deberes de matemáticas.
6- Se puideras converterte nun animal, cal serías?
Gato.
7- Que é o que máis che gusta do teu carácter?
Son moi tranquila