jueves, 28 de mayo de 2009

ENTREVISTA A JORDI SIERRA I FABRA

Un dos escritores máis importantes da literatura infantil e xuvenil de España e, á vez, un notable estudioso da música rock. Jordi Sierra i Fabra obtivo multitude de premios, tanto en castelán coma en catalán. Creou dúas fundacións para promover a creación literaria entre os máis xoves, tanto en España coma en Sudamérica.


1- Cando soubo que quería ser escritor?
2- Poderemos ler pronto algún novo título seu?
3- Cal é a súa fonte de inspiración?
4- Como pode publicar tantos libros ao ano?
5- Como se sente un ao ser un dos escritores máis lidos polos escolares?
6- Como leva o da “censura” das súas obras?
7- Cal é o libro do que se sente máis orgulloso?
8- Como cre que influe os premios literarios nos escritores?
9- Cal dos premios é o que máis valora?
10- Que opina sobre que os adolescentes agora len menos? Cre que afectará ó seu traballo?
11- Considera internet unha axuda para os escritores ou unha desventaxa?
12- Pensou algunha vez deixar de escribir?

lunes, 25 de mayo de 2009

INCENDIO NA LOCALIDADE DE BETANZOS

VIRGINIA. OURENSE

A pasada fin de semana, unha gran tormenta provocou un incendio forestal na localidade de Betanzos. Os bombeiros, avisados polos veciños, chegaron pronto ó lugar do incidente e, gracias a súa rápida intervención e á colaboración dos veciños, o incendio apagouse sen acabar con ningunha vida humana.
Queimáronse varias héctareas de bosque e morreron varias decenas de animais. Algunhas asociacións de veciños xa se están pondo en marcha para recuperar as partes perdidas do bosque.

martes, 19 de mayo de 2009

Texto 7

UN ACCIDENTE DE TRÁFICO SEGA A VIDA DE DÚAS PERSOAS EN CURTIS

VIRGINIA. OURENSE

O día de onte, houbo un accidente de tráfico nas aforas de Curtis. O conductor, que viaxaba coa súa esposa e o seu fillo de 10 anos, faleceu no momento. Os dous acompañantes foron trasladados ó hospital San Rafael, na cidade de Betanzos.
A muller atopábase en estado moi grave, e os médicos cren que non sobrevivirá. O pequeno está en coma, pero os médicos cren que se recuperará pronto.
O coche no que viaxaba a familia chocou contra outro automóbil que ía en dirección contraria. O conductor deste coche viaxaba so e non resultou ferido. Cando se lle fixeron as probas de alcoholemia deu positivo. A familia das vítimas vai presentar unha denuncia contra este home.