martes, 19 de mayo de 2009

Texto 7

UN ACCIDENTE DE TRÁFICO SEGA A VIDA DE DÚAS PERSOAS EN CURTIS

VIRGINIA. OURENSE

O día de onte, houbo un accidente de tráfico nas aforas de Curtis. O conductor, que viaxaba coa súa esposa e o seu fillo de 10 anos, faleceu no momento. Os dous acompañantes foron trasladados ó hospital San Rafael, na cidade de Betanzos.
A muller atopábase en estado moi grave, e os médicos cren que non sobrevivirá. O pequeno está en coma, pero os médicos cren que se recuperará pronto.
O coche no que viaxaba a familia chocou contra outro automóbil que ía en dirección contraria. O conductor deste coche viaxaba so e non resultou ferido. Cando se lle fixeron as probas de alcoholemia deu positivo. A familia das vítimas vai presentar unha denuncia contra este home.